sábado, xullo 4

Xuntanza en Lalín de representantes das Asociacións Rurais que conformamos Terra e Xente

Onte, venres 3 de xullo de 2026, reunímonos en Lalín no centro Sociocultural da rúa Manuel Rivero. Nun acolledor local que o Concello de Lalín tivo a ben concedernos para esta reunión da Unión de Asociacións Rurais Terra e Xente. Graciñas por posibilitarnos este espectacular espazo neste punto estratéxico polas distancias tan ben repartidas desde calquera un dos nosos territorios.

Un, dou ou tres membros de cada unha das Asociacións que conformamos esta Unión de Asociacións que naceu en maio de 2017 unindo a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego dun xeito integral: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, A Asociación Euro Eume, O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. E que agora tamén conta coa participación do CDR As Poldras, Eomaia (nai do amencer) en Covelo (Pontevedra).

Cunha orde do día ben planificada e preparada para revisar algunhas accións dos centros, avanzar na metodoloxía de traballo para a solicitude, realización e seguimento dos proxectos, compartirmos unha xornada de traballo presencial que sempre alimenta o sentido de pertenza. 

 


luns, xuño 24

Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural


Ante o perigo de máis recortes dos servizos educativos no medio rural
Xuntanza territorial en Allariz  na Casa da Cultura (Rúa do Castelo, nº2) o próximo mércores, día 26 de xuño ás 18:00h.
Comunicación da confederación ANPAS Galegas e da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural tal e como se acordou na reunión realizada en Melide  o pasado luns 3 de xuño.


xoves, febreiro 1

QUEN SOMOS

Terra e xente nace no mes de maio de 2017 e aúna a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, a Asociación Euro Eume, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
Podes seguir a nosa actividade premendo nos enlaces de cada unha das asociacións. Grazas polo teu interese



http://www.cdrportasabertas.org/